CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

viernes, 26 de abril de 2013

VISITA Á PRAIA

Onte , xoves 25, os nenos e nenas de EI fixeron unha saída á praia.
Esta actividade está  enmarcada dentro do proxecto Custodia do territorio e biodiversidade.Proxecto co que o centro participa no Programa Voz Natura, contando  coa colaboración da entidade Fragas do Mandeo.



Para ver máis fotos e obter máis información  visitade o blogue do cole Voz Natura:


miércoles, 24 de abril de 2013

DÍA DO LIBRO

Onte celebramos no centro o Día do libro.
As clases de 3 e 5 anos asistiron a unha pequena obra de teatro titulada O río Mandeo que representaron os nenos e nenas de 4 anos.
Ao final da mañá toda EI visitou o rastrillo organizado no centro en colaboración coa fundación Fragas do Mandeo .Máis información na páxina web do centro.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/


ONDE NACEN OS LIBROS

Todos os xoves deste mes de abril os nenos e nenas de 5 anos asistiron a unha actividade de animación á lectura na biblioteca municipal Ramón Suárez picallo, titulada Onde nacen os libros. Ao final da actividade recibiron un diploma de xardineiro oficial de biblioteca, dado que  ademais de ler libros plantaron unhas sementes moi especiais das cales saíron uns fermosos libros.

viernes, 12 de abril de 2013

PELAYO Y SU PANDILLA

A seguinte aplicación esta formada por 75 unidades didácticas correspondentes ás tres áreas de Educación Infantil. Todas elas con distintas seccións.Entra xoga, divirtete e aprende!
A clave que se solicita para as fichas imprimibles é nea.

                              

FICHAS MOTRICIDADE FINA

                       

LATERALIDADE

   
                                

ANIVERSARIOS MARZO

Parabéns a Lucía e Alejandro da clase de 3 anos e Mateo da clase de 5!