CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

viernes, 29 de mayo de 2015

BENVIDOS AO MUSEO

O xoves 28 asistimos á actividade Benvidos ao museo ofertada polo Macuf. Unha actividade cuxa finalidade era a comprensión do concepto de museo: que é , como funciona, quen traballa alí, como debemos relacionarnos con eles...
Os últimos minutos da actividade empregáronse para a fabricación dun orixinal "souvenir". Un autobús por cuxas ventás asoman os rostros dos alumnos, profesores e persoal do Museo , e que proximamente chegará ao centro en forma de recortable e repartirase entre os nenos e nenas.


miércoles, 20 de mayo de 2015

CONCERTO NO TERCIO NORTE

O martes os nenos e nenas de Infantil foron de excursión a Ferrol ao Cuartel do Tercio Norte,para asistir a un concerto e a unha exhibición canina.


domingo, 17 de mayo de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS


O  pasado venres 15 celebramos o Día das letras Galegas cun festival no que participou todo o colexio. Xirou en torno á historia da lingua  e do pobo galego.
Os nenos e nenas de EI foron os primeiros en actuar caracterizados en castrexos , pobo que habitaba a actual Galicia e Romanos e viquingos ,os pobos invasores.
Comezamos cunha gravación  na que se fala dos castrexos ,dos romanos e dos viquingos, da forza que dá a unidade dun pobo e a necesidade de coñecer o pasado para construír o futuro. Seguimos cun pequeno diálogo entre eles que rematou nun baile con música da canción Resistirei. 
Máis fotos na páxina web do cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/  




                                      FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

lunes, 4 de mayo de 2015

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS

Seguindo coas actividades programadas para conmemorar o Día do Libro, os nenos e nenas dos niveis superiores leron contos aos máis pequenos.