Remata o curso 2011-2012 e teñen agora por diante os meses de verán para descansar , xogar , disfrutar e recuperar forzas , o que lles permitirá volver con ganas o novo curso , que será para algúns o paso a primaria , para outros converterse nos maiores de E.I. , e os máis pequeniños deixarán de selo para darlle a benvida a unha nova promoción . A todos eles máis aos pais/nais e profesores /as desexámosvos un BO VERÁN !
CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
jueves, 28 de junio de 2012
FIN DE CURSO
miércoles, 27 de junio de 2012
ANIVERSARIOS DE VERÁN
Parabéns a Mario, David e Adrián da clase de 3 anos e Antonio da clase de 4 que celebran o seu aniversario nos meses de verán!
miércoles, 13 de junio de 2012
SABOROSOS SUSTOS
O 13 de xuño os nenos e nenas de EI asistiron a unha actividade educativa no Museo de Arte Contemporáneo titulada Saborosos sustos, onde se tratou de superar ou polo menos de relativizar certos medos infantís a través do teatro e as artes plásticas.
CONCERTO DIDÁCTICO
O 24 de maio os nenos e nenas de EI asistiron a un concerto didáctico da orquestra Sinfónica de Galicia, no Palacio de la Opera, xunto coa actuación da compañía de títeres Per Poc en Romeo y Julieta.
viernes, 8 de junio de 2012
BICHOS
Este novo xogo componse de diferentes actividades que permiten traballar conceptos básicos de lectoescritura e matemáticos, ao mesmo tempo que entrenarse no manexo do rato e o coñecemento do teclado.
Coidado cos bichos!
Pincha na imaxe e comeza a xogar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)