CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

viernes, 20 de diciembre de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS

Como cada ano nestas datas os Reis Magos fixeron unha visita ao colexio. E a pesar de ser tan esperados, provocaron  algún que outro choro entre os máis pequeniños,motivo polo cal faltan  nenos  na foto da clase de 3 anos.




Na clase de 3 anos tamén se lembraron de Papá Noel

VISITA DO CARTEIRO

Tiñamos prevista o venres pasado unha  visita á oficina de correos  para entregar as cartas para os Reis Magos pero o tempo impedíunoslo. Solucionouse o luns seguinte cando  o carteiro pasou polo colexio e recolleu as cartas dos nenos e nenas e agasallounos cuns contos  e unha pequena merenda.


viernes, 13 de diciembre de 2013

CONTOS EN FAMILIA

Hoxe o tío de Nadia narrounos o conto A viaxe do sol.
Grazas pola vosa colaboración.





jueves, 5 de diciembre de 2013

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Parabéns a Carlota e Gael da clase de 3 anos, Hugo e Leo  de 4 e Martina, Rubén e Hugo da clase de 5 anos!



viernes, 22 de noviembre de 2013

MÚSICA DE OUTONO

                               
             

CONTOS EN FAMILIA

Seguindo coa actividade Contos en familia,  narrounos hoxe a avoa de Vera o conto A qué sabe a Lúa?
Grazas pola vosa colaboración.





viernes, 15 de noviembre de 2013

CONTOS EN FAMILIA

Hoxe na biblioteca do cole asistimos a narración dos contos La cucarachita Martina  y El gallo de boda que nos contou a avoa de Jorge.
Grazas  pola vosa colaboración nesta actividade da biblioteca: Contos en familia.





miércoles, 13 de noviembre de 2013

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO E OUTUBRO

Parabéns para Daniela da clase de 3 anos, Iria, Gonzalo e Senén da clase de 4  e Karla, África, Cecilia e María de 5 anos.

viernes, 8 de noviembre de 2013

VIAXE EN TREN

Onte os nenos / nenas de 4 e 5 anos fixeron unha viaxe en tren dende Betanzos a Ferrol . Coñeceron a estación e viron diferentes tipos de trens . 

miércoles, 30 de octubre de 2013

viernes, 18 de octubre de 2013

CONTOS TRADICIONAIS I

Os contos son fundamentais para os nenos, axúdanlles a achegarse aos sentimentos máis profundos e é un dos mellores recursos para a adquisición da linguaxe.
Nesta entrada van 6 contos tradicionais en vídeo relacionados co corpo , coa casa, co colexio  e coa familia, temas que se están tratando estes meses nas aulas de Educación infantil.

                     
                     
                     

jueves, 26 de septiembre de 2013

GUÍA DE ATENCIÓN TEMPRANA

El niño de 0 a 3 años , Guía de atención temprana (Equipo de atención temprana de la Rioja)

"Guía eminentemente práctica e cun carácter preventivo e orientativo.Nela trátase o desenvolvemento evolutivo de cero a tres anos, posibles signos de alarma e pautas de estimulación por idades co obxectivo de axudar a crear un contorno favorable e estimulador para os nenos, así como detectar calquera desfase evolutivo e facilitar os medios axeitados para a súa solución".

                              

lunes, 23 de septiembre de 2013

SOL ,SOLECITO...

E agora que chegou o outono , nada mellor que cantarlle ao sol.                                  

                              

No seguinte enderezo atoparedes   poesías do outono e de moitos máis temas: http://www.pacomova.es/

INTELIXENCIA EMOCIONAL NA EDUCACIÓN INFANTIL

                            

NOVOS GRUPOS

Comezamos o curso coas fotos dos grupos de alumnos/as.En todos eles faltan nenos porque os catarros e resfriados xa fixeron acto de presenza.De todas formas publicaremos máis fotos  dos grupos ao longo do curso.
Aula de 3 anos, profesora titora María José.
Aula de 4 anos , profesora titora Esperanza.
Aula de 5 anos, profesora titora Nilda.













viernes, 6 de septiembre de 2013

REUNIÓN INFORMATIVA 3 ANOS

Esta mañá tivo lugar a reunión informativa para as familias dos nenos e nenas  que comezan a EI. Por se queredes consultar algún punto o simplemente para os que non viñeron, aquí tedes a presentación que se proxectou.


Pincha na imaxe.

viernes, 28 de junio de 2013

REMATOU O CURSO!

Remata un novo curso e como cada ano tócanos despedir aos alumnos de 5 anos que acaban a EI e comezan unha nova etapa.Para todos eles os nosos mellores desexos e que esta nova etapa sexa tan positiva e tan satisfactoria como o foi Infantil.Unha forte aperta!




Alumnos , profesores, pais e nais, bo verán a todos! Ata setembro!

       
                      Archivo: Happy Days Edward Henry Potthast.jpeg
                                            Happy days de Edward Henry Potthast.



ANIVERSARIOS VERÁN

Parabéns a Mario, David e Adrián da clase de 4 anos!



ANIVERSARIOS XUÑO

Parabéns a Cristina, Alexia e Manuel da clase de 4 anos e Uxía de 5!
   

martes, 25 de junio de 2013

CONGRESO

O pasado 20 de xuño tivo lugar na Casa da Cultura o congreso do proxecto Custodia do territorio e biodiversidade do programa Voz Natura, onde os distintos niveis expuxeron os seus traballos.Os nenos e nenas de EI presentaron dous vídeos un sobre a saída á praia de Sada e os traballos realizados posteriormente e outro onde os nenos e nenas da clase de 4 anos representaban o conto O río Mandeo.
    
                                  
 
                                  

lunes, 10 de junio de 2013

CONDUCTAS RESPONSABLES

O Departamento de Educación e Cultura do Goberno de Navarra publicou un documento titulado Desarrollo de conductas responsables de 3 a 12 años, que pretende servir como instrumento de análise e reflexión tanto para pais e nais coma para fillos e fillas no proceso de adquisición destas condutas responsables.






TERCIO NORTE DE INFANTERÍA DE MARINA

O pasado día 30 de Maio os nenos e nenas de EI visitaron o Tercio Norte de Infantería de Marina en Ferrol para asistir a un concerto da banda militar e a unha demostración da unidade canina.
Tamén estaba prevista para o mes de xuño unha viaxe en tren A Coruña-Betanzos, pero debido aos recortes nos horarios, o tren de media mañá desapareceu.Unha mágoa!

ANIVERSARIOS MAIO

Parabéns a Sophia e Alicia da clase de 5 anos, Cristian e Hugo de 4 e Aron de 3 anos!

             

miércoles, 15 de mayo de 2013

MÁIS ACTIVIDADES

Despois da saída á praia e da recollida de material, as clases de EI realizaron distintas actividades, entre outras murais colectivos e traballos individuais.