CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

lunes, 22 de diciembre de 2014

FESTA DE NADAL

O venres 19 celebramos a festa de Nadal. Comezamos a mañá con cine Disney. Seguido de festas nas aulas e a tradicional visita dos Reis Magos que repartiron postais e caramelos.







Para rematar saímos ao corredor do albergue e cantamos todos xuntos a panxoliña Polo Nadal.




martes, 16 de diciembre de 2014

LECTURAS RECOMENDADAS

EDUCACIÓN INFANTIL
-Las emociones de Nacho.Editorial Edelvives.
-Cuando papá era pequeño había dinosaurios. Ed. Edelvives.
-El libro del silencio. Ed.Jaguar.
-La tarta de las hadas. Ed.Kókinos.

3 ANOS
-¡Abracadabra! Ed.Edelvives.
-¡Más cerca! Ed.Edelvives.
-La vocecita. Ed.Kókinos.
-¡Feliz cumpleaños , señor Coc! Ed.Edelvives.

4 ANOS
-Amigos. Ed.Kókinos.
-El cuento del lobo. Ed.Obelisco.
-Xiqui Xoque, piú,piú! Ed.Galaxia.
-Pitusa semifusa.Ed.Galaxia.

5 ANOS
-O rei ra.Ed.Kalandraka.
-O pito Cairo.Ed.Kalandraka.
-Siembra un beso. Ed.Océano.
-O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba.
Ed. El patito feo.

INGLÉS
-Cat and Mouse.Learn the colours. Ed.Anaya.
-Cat and Mouse. Meet the animals. Ed.Anaya.

PARA PAIS/NAIS     
-Aprender de los hijos . Ed.Plataforma. 
-Os dereitos da infancia. Ed.Xerais.


                                                                                                                                            

ACTIVIDADES SOBRE O NADAL

Dous  paquetes de actividades Lim relacionadas co Nadal.Pincha na imaxe e comeza a xogar, nalgunhas necesitarás un pouco de axuda.

 https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/NADAL/nadal.html


 http://chiscos.net/almacen/lim/nadal/nadal.html

jueves, 11 de diciembre de 2014

EN TEMPO DE NADAL: PANXOLIÑAS

Nada máis típico do Nadal que unhas panxoliñas:
Xa me tardan de Mamá cabra, Cun sombreiro de palla de Fuxan os ventos e  Buscando unha estrela do disco Quiquiriquí : cancións para o nadal.
Nestes días  no cole os nenos e nenas ensaian Polo Nadal de Mamá cabra.

                   

 
                 


                 

miércoles, 10 de diciembre de 2014

EL MONSTRUO DE LOS COLORES.

  Estupendo conto para traballar as emocións.


                   

CALENDARIO 2015

Na páxina web do cole publicouse o calendario 2015 con debuxos  de cada nivel.Este ano adicouse as árbores.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/ 

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Neste pasado mes de novembro cumpliron anos:
Clase de 3 anos: Ariadna e Daniella.
Clase de 4 anos: Gael e Carlota.
Clase de 5 anos: Leo , Ángel e Hugo.
Parabéns a todos eles!

miércoles, 26 de noviembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Onte celebramos o Día internacional contra a violencia de xénero con distintas actividades tanto a nivel de aula coma de centro.


Traballamos o libro Siembra un beso de Amy Krouse Rosenthal , ilustrado por Peter Reynolds, editorial Océano Travesía 2014. 




E o cadro  El beso do pintor austriaco Gustav Klimt  . 
A partir de aí xurdiu un mural colectivo exposto na entrada do centro e estes pequenos cadro feitos polos nenos e nenas cuñados todos eles co lema sementa un bico.                                           




                                                                     

OS DEREITOS DOS NENOS

O 20 de novembro celebramos o día dos dereitos dos nenos  e nenas con distintas actividades nas aulas.







                   






O GATO CON BOTAS

O pasado día 19 asistimos no Teatro Colón a obra O gato con botas de Charles Perreault con música  do compositor  Rogelio Groba interpretada pola Orquestra de Cámara Galega e cunha escenografía por Vídeo mapping ( proxección de imaxes sobre obxectos).


miércoles, 12 de noviembre de 2014

LIMONADA

Despois da excursión a profe e os nenos fixeron  con auga , zume de limón e azucre  unha saborosa limonada.


UNHA PEQUENA EXCURSIÓN

Os nenos e nenas de 3 anos continuaron no mes de outubro descubrindo o cole , neste caso os arredores do edificio e do patio. Espazo   do outono!


ANIVERSARIOS OUTUBRO

Parabéns para Yuli e Iago da clase de 3 anos e Senén de 5 !


viernes, 31 de octubre de 2014

CELEBRACIÓN MAGOSTO E SAMAÍN

Onte no cole foi unha mañá chea de actividades encamiñadas a celebrar o Magosto e o Samaín. Así os nenos e nenas viñeron disfrazados ao cole, asistiron a 4 representacións teatrais que fixeron os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º , participaron nas probas de Dona castaña  e degustaron, ao final da mañá, castañas asadas.


jueves, 30 de octubre de 2014

SAMAÍN

Celebrouse hoxe o Samaín no cole. Encheuse a escola de bruxas, vampiros, esqueletos, cabazas... e ata un lobo.






CABAZAS

Tivo lugar esta semana no cole unha exposición de cabazas. Fantásticas!

TEMPO DE MAGOSTO E SAMAÍN

Finais de outubro e a punto de celebrar o Magosto e o Samaín, nas clases de infantil  fixéronse actividades plásticas relacionadas con estes temas.
Os nenos e nenas de 3 anos elaboraron pantasmas e arañas e os de 4 morcegos.








A nivel de centro elaborouse unha árbore chea de follas con  ditos , rimas , poemas, refráns... e castañas con saborosas receitas. 









                                                                                                                                      



lunes, 20 de octubre de 2014

ACTIVIDADES OUTONO 2

Dentro das actividades encamiñadas a traballar o outono ,fixeron estes  días os nenos e nenas de 3 anos caracois  e a clase de 4 ourizos.