CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

domingo, 29 de noviembre de 2015

COCIÑAMOS?

Seguindo coa actividade A hora das familias, da clase de 5 anos , este venres visitáronnos  a mamá e o papá de Laura, Isabel e José Manuel, para ensinarnos a facer palmeiras.
Un pouco de masa de "hojaldre", azucre e  20 minutos no forno, bastaron para obter unhas deliciosas palmeiriñas que saboreamos ao final da sesión.







  Grazas pola vosa colaboración!

miércoles, 25 de noviembre de 2015

20 E 25 DE NOVEMBRO

Conmemoramos o 20 de Novembro, Día dos dereitos dos nenos e nenas, con actividades nas aulas.



E tamén conmemoramos o 25 de Novembro Día contra a violencia de xénero con diversas actividades, a nivel de aula

                                                                              e a nivel de centro, como facer pulseiras e cantar todos xuntos a canción "Todo pode ser "da Guagua.  
                                                                   

Podedes escoitar a canción no seguinte enlace:
https://soundcloud.com/laguaguamusica/mp3-la-guagua-todo-pode-ler

Máis fotos na páxina web do centro e o díptico entregado aos nenos e nenas.


miércoles, 4 de noviembre de 2015

UN MAGOSTO E SAMAÍN PASADOS POR AUGA.

Eran varias as actividades programadas para a celebración do Magosto e do Samaín , pero o tempo obligounos primeiro a aplazar o día e despois a cambiar a programación establecida.
Non puideron os nenos e nenas gozar das actividades de Dona castaña nen celebrar o Magosto fóra, aínda que comeron as castañas dentro das aula.
O que si puideron facer foron as representacións dos contacontos. Onde cada clase facía unha pequena actuación para outros cursos.
6º de EI con 3º e 4º de EP
5º de EI con 2º e 5º de EP
4º de EI con 1º e 6º de EP
E finalmente, todos xuntos cantaron e bailaron a canción que viñan preparando na clase de música para crear  un flashmob  con ela.




Máis fotos na páxina web do centro
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/

ACTIVIDADES SAMAÍN

Medos, monstros, arañas, cabazas...



ANIVERSARIOS OUTUBRO

Parabéns a Sofía, Antony e Unai da clase de 3 anos, Yuli, Iago e Iker da clase de 4 e Nerea de 5!