CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

viernes, 1 de julio de 2016

PASO A PRIMARIA

A semana pasada  celebramos o final de etapa  dos nenos e nenas de 6º  de Educación Infantil. Desexámoslles todo o mellor para esta nova etapa que comezan a Educación Primaria.



lunes, 27 de junio de 2016

MOCO ARTIFICIAL

Os nenos e nenas de 4 anos dentro da actividade
Experimentos
 fixeron moco artificial.
                                    Elaboración:
 -Coller maicena e mesturar cunha pouca auga, remover cunha culler de metal.Despois podemos verter unhas gotas de colorante alimenticio para darlle cor.
 -E xa temos o moco, parece duro pero si apretamos coa man está un pouco líquido. 

                                

                                   

                                      

                                   






domingo, 26 de junio de 2016

ENCONTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O 9 de xuño tivo luga o 1º Encontro de Educación Infantil dos centros de ensino públicos de Sada.
Os Nenos e nenas dos colexios de Sada fixeron un desfile polo paseo marítimo, merendaron ao aire libre e ao final da mañá entregouse un agasallo aos alumnos de 6º de EI polo seu esforzo e traballo no proceso  de aprendizaxe da lectoescritura.







PANADEIROS POR UN DÍA

Na clase de 4 anos puxéronse mans á obra...non á masa e fixeron pan.
Ingredientes: fariña, auga tépeda , sal e fermento.
Elaboración:
1ºPoñemos fariña nun recipiente, logo mesturamos o fermento coa auga e botamos a mestura na fariña.
2ºAmasamos e xa facemos unha bola pequena.
3ºMetemos ao forno, uns 40 minutos.










ANIVERSARIOS XUÑO

Parabéns a Sofía e Carlos da clase de 4 anos!





sábado, 25 de junio de 2016

RAFA LA GARZA Y TONO EL ZORRO

A última visita do curso  fíxonola Patricia , a mamá de Daniela, que veunos contar o conto Rafa la garza y Tono el zorro. 







Grazas pola túa colaboración!                                                                                                               

VENEZUELA

O venres visitounos Verónica e Rafael , os papás de Hannah , para falarnos do seu país: Venezuela. 
Amosáronnos un vídeo explicativo moi interesante,fixeron cos nenos e nenas uns chaveiros coas cores da bandeira venezolana e probamos as arepas, alimento tradicional de Venezuela , feitas con fariña de millo e recheas de xamón e queixo.











Grazas pola vosa colaboración!