CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

miércoles, 26 de diciembre de 2012

FELIZ 2013

Axudados do reno Rodolfo dexesámosvos Un Feliz 2013.                                                                                                  

Renos

Pincha na seguinte dirección e verás a panxoliña
http://www.youtube.com/watch?v=amVcc6qzCv8


VISITA DOS REIS

O 21 de Decembro os Reis Magos visitaron o cole.Ese día houbo  ademais a proxección da película Las tres mellizas e Papá Noel na casa da cultura  e festas nas aulas.     




jueves, 20 de diciembre de 2012

Videos Nadal

Videos relacionados co Nadal:
La cabaña de papá Noel DePeppa Pig
La visita de Papá Noel De Peppa Pig
Feliz Navidad De Caillou
Caillou canta villancicos 






ADORNEMOS

As dúas seguintes aplicacións consisten  en algo moi típico destas datas nas que estamos:
Decorar  as distintas árbores de Nadal  e poñer o Belén.
Pincha na imaxe e comeza a xogar!
     
                                 

miércoles, 19 de diciembre de 2012

O NADAL

A temática elixida este ano á hora de celebrar  O  Nadal foi o consumo responsable.Cada aula elaborou xoguetes  e árbores de Nadal con material de refugallo. E coma noutros  anos os nenos/as elaboraron  felicitacións de Nadal e adornaron as súas clases cos distintos traballos que fixeron.





                    








XOGOS E XOGUETES

                                   

viernes, 30 de noviembre de 2012

RECURSOS: PINTURA E MÚSICA


Ciudad de la pintura

Unha pinacoteca virtual con máis de 120000 obras, clasificadas por museos , autores, estilos e temas.
http://pintura.aut.org/


Compositores famosos Ciudad de la música
Unha boa páxina onde atopar vídeos de música clásica , con información relativa a compositores e interpretes, clasificados segundo a súa época e estilo.
http://musica.aut.org/







ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Neste mes que remata hoxe, houbo moitos aniversarios. Parabéns a:
Leo, Ángel e Hugo da clase de 3 anos.
Rubén,Hugo e Martina da clase de 4.
Marta, Irimia e Joahna da clase de 5.
Feliz aniversario!

martes, 27 de noviembre de 2012

CELEBRACIÓNS:Día dos dereitos dos nenos/as e Contra a violencia de xénero.

O pasado 20 de novembro celebramos no colexio o día dos Dereitos dos nenos/as.Fixemos actividades nas aulas e tamén a nivel de centro. Entre elas elaboración de gorros  e murais despois de tratar os dereitos axudados polos  videos de Pocoyo.


 
 
 





 O luns celebrouse o día contra a violencia de xénero  con distintas actividades entre elas a elaboración de pulseiras.




 Máis información no blogue da biblioteca :   http://sadaysuscontornos.blogspot.com.es/





lunes, 12 de noviembre de 2012

VISITA AO MACUF

O pasado 9 de Novembro os nenos e nenas de 4 e 5 anos asistiron a unha actividade didáctica  dentro do programa escolar de educación artística do Museo de arte contemporáneo Gas Natural Fenosa titulada Xogo de sombras, na que fundamentalmente exploraron o potencial expresivo de sombras e siluetas e adquiriron familiaridade con formas simples de representación teatral.

sábado, 3 de noviembre de 2012

ANIVERSARIOS OUTUBRO

Parabéns a Izan e Senén da clase de 3 anos e Valentín, Aitana, Claudia e Félix da clase de 5!


viernes, 2 de noviembre de 2012

SAMAÍN

O 31 de outubro celebramos no cole O Magosto, O Samaín e Halloween.
Os nenos/ nenas, e os profes viñeron disfrazados.




Houbo unha exposición de cabazas, xogos de Dona Castaña e por suposto a tradicional degustación de castañas asadas.




miércoles, 24 de octubre de 2012

CELEBRACIÓNS

  Non esquezades que pronto celebraremos o Magosto , O Samaín e Halloween!



                   Brujas

DÍA DA BIBLIOTECA

Hoxe celebramos no cole o día da biblioteca.Ademais das actividades programadas polo centro , nas aulas de infantil aprendimos o poema Un lobito bueno de José Agustín Goytisolo, versionado por Paco Ibañez nunha bonita canción.Tedes a continuación dous videos , un coa canción interpretada polo propio Paco Ibañez e outro, interpretada polo músico arxentino Luis Pescetti.



   
            

lunes, 22 de octubre de 2012

ACTIVIDADES OUTONO


Coincidindo co eixe temático O Outono que se está a traballar nas aulas de EI e a iniciativa do Equipo de Normalización Lingüística realizouse unha actividade de búsqueda, aprendizaxe e elaboración de carteis sobre refráns , adiviñas e lerias relacionadas co Outono e Magosto.







A súa vez na clase de 4 anos elaboraron coelliños con castañas e plastilina.


Para algún era a primeira vez que viña ao cole e claro choraba...



Na aula de 3 barquiños con noces e plastilina.









  E na clase de 5 anos elaboraron libriños do Outono.