CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
Mostrando entradas con la etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CELEBRACIÓNS. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de julio de 2016

PASO A PRIMARIA

A semana pasada  celebramos o final de etapa  dos nenos e nenas de 6º  de Educación Infantil. Desexámoslles todo o mellor para esta nova etapa que comezan a Educación Primaria.



domingo, 26 de junio de 2016

ENCONTRO DE EDUCACIÓN INFANTIL

O 9 de xuño tivo luga o 1º Encontro de Educación Infantil dos centros de ensino públicos de Sada.
Os Nenos e nenas dos colexios de Sada fixeron un desfile polo paseo marítimo, merendaron ao aire libre e ao final da mañá entregouse un agasallo aos alumnos de 6º de EI polo seu esforzo e traballo no proceso  de aprendizaxe da lectoescritura.







jueves, 11 de febrero de 2016

ENTROIDO 2016

Este  ano a festa do Entroido  veu disfrazada de paso peóns , semáforos, sinais de circulación, policías, ciclistas , membros de protección civil... Un festival co exe temático A Educación Vial.
3 anos interpretou dúas cancións,  e  4 e 5 fixeron unhas pequenas representacións.







Máis fotos na páxina web do centro:

miércoles, 23 de diciembre de 2015

TEMPO DE NADAL

Nas últimas semanas  pouco a pouco o cole foise transformando e adoptando unha decoración tipicamente navideña ao mesmo tempo que os nenos e nenas ían realizando diversas actividades relacionadas co Nadal.






O venres 18, entre outras actividades, asistimos a un concerto na Casa da Cultura, cantamos a panxoliña Vuela , vuela e recibimos a visita dos Reis Magos.
  

miércoles, 25 de noviembre de 2015

20 E 25 DE NOVEMBRO

Conmemoramos o 20 de Novembro, Día dos dereitos dos nenos e nenas, con actividades nas aulas.



E tamén conmemoramos o 25 de Novembro Día contra a violencia de xénero con diversas actividades, a nivel de aula

                                                                              e a nivel de centro, como facer pulseiras e cantar todos xuntos a canción "Todo pode ser "da Guagua.  
                                                                   

Podedes escoitar a canción no seguinte enlace:
https://soundcloud.com/laguaguamusica/mp3-la-guagua-todo-pode-ler

Máis fotos na páxina web do centro e o díptico entregado aos nenos e nenas.


miércoles, 4 de noviembre de 2015

UN MAGOSTO E SAMAÍN PASADOS POR AUGA.

Eran varias as actividades programadas para a celebración do Magosto e do Samaín , pero o tempo obligounos primeiro a aplazar o día e despois a cambiar a programación establecida.
Non puideron os nenos e nenas gozar das actividades de Dona castaña nen celebrar o Magosto fóra, aínda que comeron as castañas dentro das aula.
O que si puideron facer foron as representacións dos contacontos. Onde cada clase facía unha pequena actuación para outros cursos.
6º de EI con 3º e 4º de EP
5º de EI con 2º e 5º de EP
4º de EI con 1º e 6º de EP
E finalmente, todos xuntos cantaron e bailaron a canción que viñan preparando na clase de música para crear  un flashmob  con ela.




Máis fotos na páxina web do centro
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/

domingo, 17 de mayo de 2015

FESTIVAL LETRAS GALEGAS


O  pasado venres 15 celebramos o Día das letras Galegas cun festival no que participou todo o colexio. Xirou en torno á historia da lingua  e do pobo galego.
Os nenos e nenas de EI foron os primeiros en actuar caracterizados en castrexos , pobo que habitaba a actual Galicia e Romanos e viquingos ,os pobos invasores.
Comezamos cunha gravación  na que se fala dos castrexos ,dos romanos e dos viquingos, da forza que dá a unidade dun pobo e a necesidade de coñecer o pasado para construír o futuro. Seguimos cun pequeno diálogo entre eles que rematou nun baile con música da canción Resistirei. 
Máis fotos na páxina web do cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/  




                                      FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

lunes, 23 de febrero de 2015

MÁIS DISFRACES

O pasado 20 de febreiro os nenos e nenas  viñeron disfrazados ao cole. Despois da festa Mediaval da semana anterior, escolleron os seus disfraces preferidos para despedir O entroido ata o ano que ven.


domingo, 15 de febrero de 2015

ENTROIDO MEDIAVAL

No Reino de Infantil e no Reino de Primaria celebrouse o venres un Entroido mediaval.Houbo talleres onde se fixeron bolsiñas de herbas aromáticas, medallóns, escudos , calendarios e xogos; festas nas aulas e acabamos a mañá co nomeamento de damas e cabaleiros,con entrega de diplomas incluído.









Máis fotos na páxina web do cole.


NO REINO DE INFANTIL

O Reino de Infantil atópase no edificio novo do ceip de Sada e Contornos.Gobernado por catro raíñas (Nilda , Marga, Esperanza e María José) e formado por 28 damas e 30 cabaleiros.





Neste tempo había moitos e perigosos dragóns....     
                                                                               

lunes, 12 de enero de 2015

RECOLLEMOS OS ADORNOS DE NADAL

Pasadas as festas toca recoller os adornos.Estes son algúns dos  que fixeron os nenos e nenas en clase e que despois levaron para a casa.


lunes, 22 de diciembre de 2014

FESTA DE NADAL

O venres 19 celebramos a festa de Nadal. Comezamos a mañá con cine Disney. Seguido de festas nas aulas e a tradicional visita dos Reis Magos que repartiron postais e caramelos.







Para rematar saímos ao corredor do albergue e cantamos todos xuntos a panxoliña Polo Nadal.