CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

miércoles, 23 de diciembre de 2015

BO NADAL!



TEMPO DE NADAL

Nas últimas semanas  pouco a pouco o cole foise transformando e adoptando unha decoración tipicamente navideña ao mesmo tempo que os nenos e nenas ían realizando diversas actividades relacionadas co Nadal.






O venres 18, entre outras actividades, asistimos a un concerto na Casa da Cultura, cantamos a panxoliña Vuela , vuela e recibimos a visita dos Reis Magos.
  

UNHA GAÑADORA DE 5 ANOS

O pasado domingo , 20 de decembro, entregáronse os premios do Concurso de debuxo infantil da Sociedade Coruñesa de  Canaricultura no Xardín Botánico Ría do Burgo.
Na categoría de 5 anos resultou gañadora Nadia Blanco Babio.
PARABÉNS!!!!












miércoles, 9 de diciembre de 2015

MINNIE VAI Á ESCOLA

Dentro da actividade a Hora das familias , este venres, visitounos a mamá de Manuel, Suleika.
Pero non veu soa, trouxonos a Minnie ,a tranquila mascota de Manuel.
Aprenderon moitas cousas sobre os hámsters e fixeron uns fermosos marcapáxinas de recordo.

           

           




Grazas pola túa colaboración!                                   

CONCURSO DE DEBUXO

Os nenos e nenas da clase de 5 anos participaron nun concurso de debuxo da Sociedade Coruñesa de Canaricultura, que intenta inculcar e animar aos máis pequenos o amor pola natureza e en especial polas aves.
Os debuxos exporanse na exposición de canaricultura que se celebra conxuntamente no Xardín Botánico "Ría do Burgo" de Culleredo entre os días 15 e 19 de decembro.


ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Parabéns  a Cristina e Julia da clase de 3 anos, Daniella da clase de 4 e Carlota e Gael de 5!