CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de junio de 2016

MOCO ARTIFICIAL

Os nenos e nenas de 4 anos dentro da actividade
Experimentos
 fixeron moco artificial.
                                    Elaboración:
 -Coller maicena e mesturar cunha pouca auga, remover cunha culler de metal.Despois podemos verter unhas gotas de colorante alimenticio para darlle cor.
 -E xa temos o moco, parece duro pero si apretamos coa man está un pouco líquido. 

                                

                                   

                                      

                                   






domingo, 26 de junio de 2016

PANADEIROS POR UN DÍA

Na clase de 4 anos puxéronse mans á obra...non á masa e fixeron pan.
Ingredientes: fariña, auga tépeda , sal e fermento.
Elaboración:
1ºPoñemos fariña nun recipiente, logo mesturamos o fermento coa auga e botamos a mestura na fariña.
2ºAmasamos e xa facemos unha bola pequena.
3ºMetemos ao forno, uns 40 minutos.










sábado, 25 de junio de 2016

RAFA LA GARZA Y TONO EL ZORRO

A última visita do curso  fíxonola Patricia , a mamá de Daniela, que veunos contar o conto Rafa la garza y Tono el zorro. 







Grazas pola túa colaboración!                                                                                                               

VENEZUELA

O venres visitounos Verónica e Rafael , os papás de Hannah , para falarnos do seu país: Venezuela. 
Amosáronnos un vídeo explicativo moi interesante,fixeron cos nenos e nenas uns chaveiros coas cores da bandeira venezolana e probamos as arepas, alimento tradicional de Venezuela , feitas con fariña de millo e recheas de xamón e queixo.











Grazas pola vosa colaboración!                                                                                                               



miércoles, 8 de junio de 2016

OREJÍN RATICULÍN

Jorge e Conchi , os pais de Jorge , tamén participaron este venres na actividade A hora das familias e trouxeron a Orejín Raticulín, nome composto da mascota de Jorge: Un hámster.
Despois de contarnos moitas cousas de Orejín, axudaron aos nenos e nenas a rematar a "gaiola"do hámster de goma eva que levaron de recordo.






Grazas pola vosa colaboración!                                                                                                               

O PEIXE DOURADO

Seguindo coa actividade A hora das familias este venres visitounos Silvia , a mamá de Emma , que trouxo  a súa mascota , o peixe Dourado.
Silvia e Emma contáronnos moitas cousas sobre o peixiño.





Grazas pola túa colaboración!                                                                                                                    



jueves, 19 de mayo de 2016

E AS PINZAS CONVERTÉRONSE EN VERMES DE CORES

Seguindo coa actividade A hora das familias, este venres pasado visitounos Ángeles, a avoa de Sarai, e ensinounos a facer uns fermosos vermes de cores con pinzas de madeira, pompóns e ollos móbiles.



                  


  Grazas pola túa colaboración!

miércoles, 11 de mayo de 2016

TIPIS

Quedaba por subir ao blogue as fotos dunha bonita actividade levada a cabo na aula de 4 anos relacionada cos tipis. Que son? Quen as utilizaba? Características...


domingo, 20 de marzo de 2016

TRADICIÓN , CAMBIO E INNOVACIÓN

O pasado luns día 14 de marzo os nenos e nenas de EI asistiron  a unha exposición en Afundación titulada Tradición, cambio e innovación con tema principal  a arte do século XX.
Incluiu unha visita-conto ( Historias dun pincel que non sabía pintar) e un taller onde  a través da imaxinación, a cor e a música crearon unha partitura conxunta con persoaxes inventados.



DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller e os nenos e nenas do cole participaron nunha actividade promovida polo Concello de Sada adicada a unhas mulleres moi especiais : as avoas. Nestas actividade participaron todos os coles do Concello e realizouse unha exposición dos traballos dos nenos  e nenas na Casa da Cultura.

domingo, 28 de febrero de 2016

24 FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Realizouse o 24 de febreiro (aniversario do nacemento de Rosalia de Castro)  a nivel de centro e a proposta da Asociacion  de escritores e escritoras en lingua galega (AELG), a elaboración dunha postal cun deseño alusivo ao Día de Rosalía de Castro e unha estrofa de "Alborada" de cantares Galegos.

Canta, paxariño alegre,
canta!
canta porque o millo medre,
canta!
canta porque a luz te escoite,
canta!
canta que fuxe a noite.













"Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva , galega e universal."