CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

viernes, 30 de noviembre de 2012

RECURSOS: PINTURA E MÚSICA


Ciudad de la pintura

Unha pinacoteca virtual con máis de 120000 obras, clasificadas por museos , autores, estilos e temas.
http://pintura.aut.org/


Compositores famosos Ciudad de la música
Unha boa páxina onde atopar vídeos de música clásica , con información relativa a compositores e interpretes, clasificados segundo a súa época e estilo.
http://musica.aut.org/







ANIVERSARIOS NOVEMBRO

Neste mes que remata hoxe, houbo moitos aniversarios. Parabéns a:
Leo, Ángel e Hugo da clase de 3 anos.
Rubén,Hugo e Martina da clase de 4.
Marta, Irimia e Joahna da clase de 5.
Feliz aniversario!

martes, 27 de noviembre de 2012

CELEBRACIÓNS:Día dos dereitos dos nenos/as e Contra a violencia de xénero.

O pasado 20 de novembro celebramos no colexio o día dos Dereitos dos nenos/as.Fixemos actividades nas aulas e tamén a nivel de centro. Entre elas elaboración de gorros  e murais despois de tratar os dereitos axudados polos  videos de Pocoyo.


 
 
 





 O luns celebrouse o día contra a violencia de xénero  con distintas actividades entre elas a elaboración de pulseiras.




 Máis información no blogue da biblioteca :   http://sadaysuscontornos.blogspot.com.es/





lunes, 12 de noviembre de 2012

VISITA AO MACUF

O pasado 9 de Novembro os nenos e nenas de 4 e 5 anos asistiron a unha actividade didáctica  dentro do programa escolar de educación artística do Museo de arte contemporáneo Gas Natural Fenosa titulada Xogo de sombras, na que fundamentalmente exploraron o potencial expresivo de sombras e siluetas e adquiriron familiaridade con formas simples de representación teatral.

sábado, 3 de noviembre de 2012

ANIVERSARIOS OUTUBRO

Parabéns a Izan e Senén da clase de 3 anos e Valentín, Aitana, Claudia e Félix da clase de 5!


viernes, 2 de noviembre de 2012

SAMAÍN

O 31 de outubro celebramos no cole O Magosto, O Samaín e Halloween.
Os nenos/ nenas, e os profes viñeron disfrazados.




Houbo unha exposición de cabazas, xogos de Dona Castaña e por suposto a tradicional degustación de castañas asadas.