CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

miércoles, 28 de enero de 2015

MALALA YOUSUFZAI

Nestes días, entre as actividades a realizar nas aulas , atópase un tríptico sobre Malala Yousufzai, activista paquistaní, Premio Nobel da Paz 2014, pola  súa loita contra a opresión dos nenos e mozos e polo dereito de todos os nenos á educación.


           

Leer máis:





lunes, 26 de enero de 2015

UN POUCO DE HUMOR

                    





CANCIÓNS DE MILIKI

  A música desempeña un papel importante na vida. Dende que nacemos, incluso antes ,estamos en contacto cos sons , cos silencios e coa música. E a partir dese  mesmo momento podemos  empezar a educación musical.
 Dentro da Escola  infantil  ten como finalidade principalmente:
-Educar a sensibilidade para, a través dela, captar a mensaxe musical.
-Desenvolver as capacidades  e cualidades musicais.
-Educar o oído, a voz e o ritmo.
 Indudablemente as cancións son a mellor ferramenta para educar o oído , a voz e o ritmo, facendoo dunha forma lúdica e atractiva, sempre coa participación activa e directa dos nenos e nenas, ademais de  que lles permite adquirir vocabulario, coñecementos do contorno, aumentar a capacidade de atención e concentración…
  As cancións  deben ter un texto cun vocabulario axeitado, un ritmo sinxelo, unha melodía con poucos intervalos e fácil de seguir e preferiblemente cunha actividade motórica que poidan seguir coma un xogo.
Son moitas e moi variadas as cancións que utilizamos nas aulas, algunhas delas xa con moitos anos e que xa cantaban os pais e os avós.

A entrada de hoxe vai adicada as cancións de Miliki.

                  

lunes, 12 de enero de 2015

RECOLLEMOS OS ADORNOS DE NADAL

Pasadas as festas toca recoller os adornos.Estes son algúns dos  que fixeron os nenos e nenas en clase e que despois levaron para a casa.


ANIVERSARIOS DECEMBRO

No mes de decembro cumpliron anos Sara, Alba e Carolina de clase de 3 anos.Parabéns!