CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

lunes, 26 de enero de 2015

CANCIÓNS DE MILIKI

  A música desempeña un papel importante na vida. Dende que nacemos, incluso antes ,estamos en contacto cos sons , cos silencios e coa música. E a partir dese  mesmo momento podemos  empezar a educación musical.
 Dentro da Escola  infantil  ten como finalidade principalmente:
-Educar a sensibilidade para, a través dela, captar a mensaxe musical.
-Desenvolver as capacidades  e cualidades musicais.
-Educar o oído, a voz e o ritmo.
 Indudablemente as cancións son a mellor ferramenta para educar o oído , a voz e o ritmo, facendoo dunha forma lúdica e atractiva, sempre coa participación activa e directa dos nenos e nenas, ademais de  que lles permite adquirir vocabulario, coñecementos do contorno, aumentar a capacidade de atención e concentración…
  As cancións  deben ter un texto cun vocabulario axeitado, un ritmo sinxelo, unha melodía con poucos intervalos e fácil de seguir e preferiblemente cunha actividade motórica que poidan seguir coma un xogo.
Son moitas e moi variadas as cancións que utilizamos nas aulas, algunhas delas xa con moitos anos e que xa cantaban os pais e os avós.

A entrada de hoxe vai adicada as cancións de Miliki.

                  

No hay comentarios:

Publicar un comentario