O pasado venres 15 de Febreiro despedimos o Entroido no cole de Sada.Os nenas e nenas viñeron disfrazados e a xornada discurriu con total normalidade aínda que nas clases había princesas, sevillanas, raíñas, vaqueiros, mosqueteiros, bombeiros, amorodos, abellas,Batman, Spiderman.... Na páxina web do centro podedes ver un vídeo-resumo do festival celebrado o día 8 na Casa da Cultura. http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/
O pasado 8 de Febreiro celebramos no cole e na Casa da Cultura o Entroido.Houbo festival e festas nas aulas.
Os nenos e nenas de EI representaron un clásico da literatura infantil: Nadarín de Leo Lionni.Unha historia que fala da forza da unión, da superación dos medos, da solidaridade cos nosos semellantes e por suposto do valor da diferenza e o respecto a aqueles que non comparten as características comúns.