CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
viernes, 6 de septiembre de 2013
viernes, 28 de junio de 2013
REMATOU O CURSO!
Remata un novo curso e como cada ano tócanos despedir aos alumnos de 5 anos que acaban a EI e comezan unha nova etapa.Para todos eles os nosos mellores desexos e que esta nova etapa sexa tan positiva e tan satisfactoria como o foi Infantil.Unha forte aperta!
Happy days de Edward Henry Potthast.
martes, 25 de junio de 2013
CONGRESO
O pasado 20 de xuño tivo lugar na Casa da Cultura o congreso do proxecto Custodia do territorio e biodiversidade do programa Voz Natura, onde os distintos niveis expuxeron os seus traballos.Os nenos e nenas de EI presentaron dous vídeos un sobre a saída á praia de Sada e os traballos realizados posteriormente e outro onde os nenos e nenas da clase de 4 anos representaban o conto O río Mandeo.
lunes, 10 de junio de 2013
CONDUCTAS RESPONSABLES
O Departamento de Educación e Cultura do Goberno de Navarra publicou un documento titulado Desarrollo de conductas responsables de 3 a 12 años, que pretende servir como instrumento de análise e reflexión tanto para pais e nais coma para fillos e fillas no proceso de adquisición destas condutas responsables.
TERCIO NORTE DE INFANTERÍA DE MARINA
O pasado día 30 de Maio os nenos e nenas de EI visitaron o Tercio Norte de Infantería de Marina en Ferrol para asistir a un concerto da banda militar e a unha demostración da unidade canina.
Tamén estaba prevista para o mes de xuño unha viaxe en tren A Coruña-Betanzos, pero debido aos recortes nos horarios, o tren de media mañá desapareceu.Unha mágoa!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



