Dous xogos de educación vial e unha guía do peón para reforzar contidos traballados nas unidades didácticas da rúa e dos medios de transporte. Pincha na imaxe .
Esta guía presenta unha opción en PDF para imprimir.
O pasado 20 de febreiro os nenos e nenas viñeron disfrazados ao cole. Despois da festa Mediaval da semana anterior, escolleron os seus disfraces preferidos para despedir O entroido ata o ano que ven.
No Reino de Infantil e no Reino de Primaria celebrouse o venres un Entroido mediaval.Houbo talleres onde se fixeron bolsiñas de herbas aromáticas, medallóns, escudos , calendarios e xogos; festas nas aulas e acabamos a mañá co nomeamento de damas e cabaleiros,con entrega de diplomas incluído.
O Reino de Infantil atópase no edificio novo do ceip de Sada e Contornos.Gobernado por catro raíñas (Nilda , Marga, Esperanza e María José) e formado por 28 damas e 30 cabaleiros.