Parabéns a Jorge e Andrés da clase de 4 anos e Arón da clase de 5.
CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
jueves, 18 de junio de 2015
viernes, 29 de mayo de 2015
BENVIDOS AO MUSEO
O xoves 28 asistimos á actividade Benvidos ao museo ofertada polo Macuf. Unha actividade cuxa finalidade era a comprensión do concepto de museo: que é , como funciona, quen traballa alí, como debemos relacionarnos con eles...
Os últimos minutos da actividade empregáronse para a fabricación dun orixinal "souvenir". Un autobús por cuxas ventás asoman os rostros dos alumnos, profesores e persoal do Museo , e que proximamente chegará ao centro en forma de recortable e repartirase entre os nenos e nenas.
miércoles, 20 de mayo de 2015
CONCERTO NO TERCIO NORTE
O martes os nenos e nenas de Infantil foron de excursión a Ferrol ao Cuartel do Tercio Norte,para asistir a un concerto e a unha exhibición canina.
domingo, 17 de mayo de 2015
FESTIVAL LETRAS GALEGAS
Os nenos e nenas de EI foron os primeiros en actuar caracterizados en castrexos , pobo que habitaba a actual Galicia e Romanos e viquingos ,os pobos invasores.
Comezamos cunha gravación na que se fala dos castrexos ,dos romanos e dos viquingos, da forza que dá a unidade dun pobo e a necesidade de coñecer o pasado para construír o futuro. Seguimos cun pequeno diálogo entre eles que rematou nun baile con música da canción Resistirei.
Máis fotos na páxina web do cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/
Máis fotos na páxina web do cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
lunes, 4 de mayo de 2015
PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS
Seguindo coas actividades programadas para conmemorar o Día do Libro, os nenos e nenas dos niveis superiores leron contos aos máis pequenos.
jueves, 23 de abril de 2015
PICASSO E BROCOS
O 21 de abril os nenos e nenas de Infantil asistiron a unha actividade sobre Picasso e o seu mestre na Coruña Isidoro Brocos, na sede Afundación.
Este ano conmemórase o 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso , que tivo lugar no número 20 da rúa Real da Coruña, no mes de febreiro de 1895.
Este ano conmemórase o 120 aniversario da primeira exposición de Pablo Picasso , que tivo lugar no número 20 da rúa Real da Coruña, no mes de febreiro de 1895.
23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO
Para celebrar o Día do Libro entre outras actividades feitas e as que todavía estan programadas para os días seguintes, os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria asistiron a representación do espectáculo Moito conto na Casa da Cultura.Un espectáculo que recicla a historia de Hansel e Gretel e mestúraa con outros contos clásicos , o mesmo tempo que lles conta a importancia da reciclaxe.
Como noutros anos elaborouse un díptico con lecturas recomendadas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






