Bo verán aos nenos e nenas, ás familias , o resto dos mestres do cole e ao persoal non docente!
CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
domingo, 5 de julio de 2015
E XA PASARON 3 ANOS!
Parece que foi onte cando chegaron á escola pero xa pasaron 3 anos e tocou despedirnos dos nenos e nenas de 5 anos , desexándolles o mellor nesta nova etapa que comezan na Educación Primaria.
jueves, 18 de junio de 2015
LETRAS, LETRIÑAS
Na páxina web do centro pódese ver o xornal escolar cos traballos dos nenos e nenas do cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/
PORTO DE SADA
O pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, os nenos e nenas de Educación infantil fixeron unha saída o porto e a praia de Sada ,enmarcada dita saída dentro das actividades de defensa do noso contorno máis próximo.
Comezaron por unha pequena charla na Casa da Cultura impartida por monitores da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos,seguida de dúas rutas, unha ao porto ,visitando tamén a lonxa e outra á praia , onde tiñan pensando facer unha pequena limpeza pero que por falta do tempo non se chegou a realizar.
viernes, 29 de mayo de 2015
BENVIDOS AO MUSEO
O xoves 28 asistimos á actividade Benvidos ao museo ofertada polo Macuf. Unha actividade cuxa finalidade era a comprensión do concepto de museo: que é , como funciona, quen traballa alí, como debemos relacionarnos con eles...
Os últimos minutos da actividade empregáronse para a fabricación dun orixinal "souvenir". Un autobús por cuxas ventás asoman os rostros dos alumnos, profesores e persoal do Museo , e que proximamente chegará ao centro en forma de recortable e repartirase entre os nenos e nenas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





