CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

miércoles, 7 de octubre de 2015

PRESENTACIÓN GRUPOS

Coma en anos anteriores a primeira entrada do blogue corresponde á presentación dos grupos:

 3 anos , mestra titora Esperanza.



4 anos , mestra titora Nilda




5 anos , mestra titora María José                                  
                              


domingo, 5 de julio de 2015

CERRADO POR VACACIÓNS




BO VERÁN!

Bo verán aos nenos e nenas, ás familias , o resto dos mestres do cole e ao persoal non docente!




E XA PASARON 3 ANOS!

Parece que foi onte cando chegaron á escola pero xa pasaron 3 anos e tocou despedirnos dos nenos e nenas de 5 anos , desexándolles o mellor nesta nova etapa que comezan na Educación Primaria.


ANIVERSARIOS VERÁN

Parabéns a Sofía da clase de 3 anos e a Rubén da clase de 5!


jueves, 18 de junio de 2015

LETRAS, LETRIÑAS

Na páxina web do centro pódese ver o xornal escolar cos traballos dos nenos e nenas do cole.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipsada/





PORTO DE SADA

O pasado 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, os nenos e nenas de Educación infantil fixeron unha saída o porto e a praia de Sada ,enmarcada dita saída dentro das actividades de defensa do noso contorno máis próximo.
Comezaron por unha pequena charla na Casa da Cultura impartida por monitores da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos,seguida de dúas rutas, unha ao porto ,visitando tamén a lonxa e outra á praia , onde tiñan pensando facer unha pequena limpeza pero que por falta do tempo non se chegou a realizar.