Seguindo coa actividade A hora das familias, este venres pasado visitounos Ángeles, a avoa de Sarai, e ensinounos a facer uns fermosos vermes de cores con pinzas de madeira, pompóns e ollos móbiles.
Quedaba por subir ao blogue as fotos dunha bonita actividade levada a cabo na aula de 4 anos relacionada cos tipis. Que son? Quen as utilizaba? Características...
O pasado luns día 14 de marzo os nenos e nenas de EI asistiron a unha exposición en Afundación titulada Tradición, cambio e innovación con tema principal a arte do século XX.
Incluiu unha visita-conto ( Historias dun pincel que non sabía pintar) e un taller onde a través da imaxinación, a cor e a música crearon unha partitura conxunta con persoaxes inventados.
O 8 de marzo celebrouse o Día Internacional da Muller e os nenos e nenas do cole participaron nunha actividade promovida polo Concello de Sada adicada a unhas mulleres moi especiais : as avoas. Nestas actividade participaron todos os coles do Concello e realizouse unha exposición dos traballos dos nenos e nenas na Casa da Cultura.