Parabéns a Sofía e Carlos da clase de 4 anos!
CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
domingo, 26 de junio de 2016
sábado, 25 de junio de 2016
RAFA LA GARZA Y TONO EL ZORRO
A última visita do curso fíxonola Patricia , a mamá de Daniela, que veunos contar o conto Rafa la garza y Tono el zorro.
Grazas pola túa colaboración!
VENEZUELA
O venres visitounos Verónica e Rafael , os papás de Hannah , para falarnos do seu país: Venezuela.
Amosáronnos un vídeo explicativo moi interesante,fixeron cos nenos e nenas uns chaveiros coas cores da bandeira venezolana e probamos as arepas, alimento tradicional de Venezuela , feitas con fariña de millo e recheas de xamón e queixo.

Grazas pola vosa colaboración!
miércoles, 8 de junio de 2016
MÁIS VERTEBRADOS
Despois de ver os osos , como exemplo de mamíferos, seguimos con máis vertebrados aves, peixes e anfibios.
OREJÍN RATICULÍN
Jorge e Conchi , os pais de Jorge , tamén participaron este venres na actividade A hora das familias e trouxeron a Orejín Raticulín, nome composto da mascota de Jorge: Un hámster.
Despois de contarnos moitas cousas de Orejín, axudaron aos nenos e nenas a rematar a "gaiola"do hámster de goma eva que levaron de recordo.
Grazas pola vosa colaboración!
O PEIXE DOURADO
Seguindo coa actividade A hora das familias este venres visitounos Silvia , a mamá de Emma , que trouxo a súa mascota , o peixe Dourado.
Silvia e Emma contáronnos moitas cousas sobre o peixiño.
Grazas pola túa colaboración!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























