CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS

viernes, 20 de diciembre de 2013

VISITA DOS REIS MAGOS

Como cada ano nestas datas os Reis Magos fixeron unha visita ao colexio. E a pesar de ser tan esperados, provocaron  algún que outro choro entre os máis pequeniños,motivo polo cal faltan  nenos  na foto da clase de 3 anos.




Na clase de 3 anos tamén se lembraron de Papá Noel

VISITA DO CARTEIRO

Tiñamos prevista o venres pasado unha  visita á oficina de correos  para entregar as cartas para os Reis Magos pero o tempo impedíunoslo. Solucionouse o luns seguinte cando  o carteiro pasou polo colexio e recolleu as cartas dos nenos e nenas e agasallounos cuns contos  e unha pequena merenda.


viernes, 13 de diciembre de 2013

CONTOS EN FAMILIA

Hoxe o tío de Nadia narrounos o conto A viaxe do sol.
Grazas pola vosa colaboración.





jueves, 5 de diciembre de 2013

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Parabéns a Carlota e Gael da clase de 3 anos, Hugo e Leo  de 4 e Martina, Rubén e Hugo da clase de 5 anos!



viernes, 22 de noviembre de 2013

MÚSICA DE OUTONO

                               
             

CONTOS EN FAMILIA

Seguindo coa actividade Contos en familia,  narrounos hoxe a avoa de Vera o conto A qué sabe a Lúa?
Grazas pola vosa colaboración.





viernes, 15 de noviembre de 2013

CONTOS EN FAMILIA

Hoxe na biblioteca do cole asistimos a narración dos contos La cucarachita Martina  y El gallo de boda que nos contou a avoa de Jorge.
Grazas  pola vosa colaboración nesta actividade da biblioteca: Contos en familia.