CEIP DE SADA Y SUS CONTORNOS
miércoles, 23 de diciembre de 2015
TEMPO DE NADAL
Nas últimas semanas pouco a pouco o cole foise transformando e adoptando unha decoración tipicamente navideña ao mesmo tempo que os nenos e nenas ían realizando diversas actividades relacionadas co Nadal.
UNHA GAÑADORA DE 5 ANOS
O pasado domingo , 20 de decembro, entregáronse os premios do Concurso de debuxo infantil da Sociedade Coruñesa de Canaricultura no Xardín Botánico Ría do Burgo.
Na categoría de 5 anos resultou gañadora Nadia Blanco Babio.
PARABÉNS!!!!
miércoles, 9 de diciembre de 2015
MINNIE VAI Á ESCOLA
CONCURSO DE DEBUXO
Os nenos e nenas da clase de 5 anos participaron nun concurso de debuxo da Sociedade Coruñesa de Canaricultura, que intenta inculcar e animar aos máis pequenos o amor pola natureza e en especial polas aves.
Os debuxos exporanse na exposición de canaricultura que se celebra conxuntamente no Xardín Botánico "Ría do Burgo" de Culleredo entre os días 15 e 19 de decembro.
domingo, 29 de noviembre de 2015
COCIÑAMOS?
Seguindo coa actividade A hora das familias, da clase de 5 anos , este venres visitáronnos a mamá e o papá de Laura, Isabel e José Manuel, para ensinarnos a facer palmeiras.
Un pouco de masa de "hojaldre", azucre e 20 minutos no forno, bastaron para obter unhas deliciosas palmeiriñas que saboreamos ao final da sesión.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























