A
música desempeña un papel importante na vida. Dende que nacemos, incluso antes ,estamos
en contacto cos sons , cos silencios e coa música. E a partir dese mesmo momento podemos empezar a educación musical.
Dentro
da Escola infantil ten como finalidade principalmente:
-Educar
a sensibilidade para, a través dela, captar a mensaxe musical.
-Desenvolver
as capacidades e cualidades musicais.
-Educar
o oído, a voz e o ritmo.
Indudablemente as cancións son a mellor
ferramenta para educar o oído , a voz e o ritmo, facendoo dunha forma lúdica
e atractiva, sempre coa participación activa e directa dos nenos e nenas, ademais
de que lles permite adquirir vocabulario,
coñecementos do contorno, aumentar a capacidade de atención e concentración…
As
cancións deben ter un texto cun
vocabulario axeitado, un ritmo sinxelo, unha melodía con poucos intervalos e
fácil de seguir e preferiblemente cunha actividade motórica que poidan seguir
coma un xogo.
Son
moitas e moi variadas as cancións que utilizamos nas aulas, algunhas delas xa
con moitos anos e que xa cantaban os pais e os avós.
A
entrada de hoxe vai adicada as cancións de Miliki.